domingo, 6 de maio de 2012

YoGoTe nas escolas UNESCO galegas

As escolas galegas asociadas da UNESCO están a facer diversas actividades usando os xestos internacionais YoGoTe:

YoGoTe no Blog das Escolas UNESCO galegas

CEIP Isidora Riestra
IES Luis Seoane
IES Pedra da Auga

IES Pazo da Mercé
CEIP Cabanas

Letras Galegas pola Igualdade
As escolas galegas da Rede PEA-UNESCO participan nunha iniciativa da Secretaría Xeral da Igualdade e a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, tendo como obxectivo xeral a incorporación da perspectiva de xénero nos centros de ensino non universitario cara a implantación dun modelo coeducativo.
Neste contexto, as escolas decidiron aplicar o proxecto YoGoTe para producir unha colección de poemas (publicados ou de creación propia) nos que se reflicta a importancia da igualdade entre homes e mulleres, nenas e nenos, en todos os ámbitos. Os poemas serían presentados polo alumnado en língua galega co acompañamento dos xestos internacionais para as ideas principais.
O resultado será publicado nunha páxina web que será realizada pola Escola Artística e Profissional "Árvore" do Porto (que pertence á Rede PEA-UNESCO de Portugal) co título de
 "Letras Galegas para a Igualdade",
(pódese ver de xeito provisional e tan só cun par de poemas, AQUÍ) e será o punto de partida para o proxecto internacional que se explica a seguir.

Aquí pódense ver algúns traballos previos con poemas: 


- Poemas sobre a paz, por unha escuela primaria de Andalucía

- Poemas sobre os valores humanos nos países latinoamericanos

- Poemas de Europa, por un grupo de escolas de secundaria
- Prototipo de web (con poemas galegos)