domingo, 17 de abril de 2016

Propostas para o Ano Internacional do

Entendemento Global

As escolas UNESCO de Galicia presentan as seguintes propostas de traballo para o
Ano Internacional do Entendemento Global (IYGU 2016)


PRESENTACIÓN CON DISPOSITIVAS

Presentación por alumnas do IES Pedra da Auga de Ponteareas xunto co seu profesor, Xabier Prado:

Neste enlace podes ver o video grabado e emitido pola televisión da Universidade.
E neste outro enlace podes descargar un pdf coa noticia do mesmo (en inglés) no site do IYGU.

1-Slogans para un Mundo Mellor

O alumnado expresará en forma de frases curtas os seus desexos para o mundo no que se farán adultos.
Os slogans serán presentados nunha web posta en marcha por parte da Escola Artística e Profissional "Árvore" do Porto (Portugal).
A estrutura da web estará baseada nos Obxectivos para un Desenvolvemento Sustentable.
Cada slogan será ilustrado mediante todo tipo de traballos audiovisuais colectivos e cooperativos.
Haberá tamén presentacións en video con xestos YoGoTe.

Exemplos de actividades realizadas:

2-Poemas do Mundo para o Entendimento Global

Aproveitando a experiencia realizada con motivo do 60 Aniversario da rede PEA-UNESCO.
Alumnado de calquer parte do mundo presentará a cultura e a língua do seu país a través de poemas relacionados coas áreas de traballo da rede.
Os poemas serán recitados na língua orixinal, acompañados de xestos internacionais.

Exemplos de actividades realizadas:
Adeus Ríos, de Rosalía de Castro


Camcións orixinais Siyahamba e Jambo Bwana:
 

3-Clubes de Multilingüismo

As escolas participantes establecerán clubes de línguas para que os seus alumnos poidan iniciarse en calquera língua usando leccións baseadas nos xestos internacionais.
A participación de escolas de diferentes países permitirá realizar actividades de aprendizaxe recíproca.
Os alumnos dun país A aprenderán a língua B coa axuda de colegas do país B. Estes, á súa vez, aprenderán a língua A do mesmo xeito.
Os xestos internacionais serán un elemento común que facilitará este ensino e aprendizaxe recíproco colaborativo.

Exemplos de actividades realizadas:

Ampliación

repertorio de leccións de línguas pode ser ampliado coa participación de profesorado voluntario de diferentes países.

Os diccionarios de xestos internacionais permiten realizar propostas de traballo adicionais para conmemorar o Ano Internacional do Entendimento Global.

Web de referencia:  www.yogote.net